A Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG) xorde como resposta á Directiva 2007/2/CE, do 14 de marzo de 2007, pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (INSPIRE).
Na IDEG reúnense, trátanse e intégranse datos, metadatos e servizos vinculados a Galicia susceptibles de ser localizados xeograficamente. Proceden de diferentes fontes de información, nodos e xeoportais, e abranguen tipos, formatos, ámbitos, escalas e orixes moi diversas. Dende http://sitga.xunta.es permíteselle ao usuario a identificación, localización, selección e acceso conxunto e simultáneo a unha gran variedade de recursos.
Así, por exemplo, pódense crear mapas temáticos "á medida", visualizar e consultar atributos da cartografía, buscar topónimos, descargar información xeográfica xeorreferenciada cos seus datos alfanuméricos asociados, etc.
Posteriormente, adaptáronse os servizos ofrecidos á normativa INSPIRE, así como ás innovacións tecnolóxicas que ían xurdindo no ámbito das TIC.
Quere contribuir?
...................................................................................................................
Un dos obxectivos da IDEG é abrirse a todas as administracións públicas, ao sector privado e ao público en xeral, poñendo á súa disposición datos, metadatos e servizos xeográficos normalizados, e tamén brindándolles a posibilidade de integrar a súa información nesta IDE.
Para comezar a dar este servizo, dende a IDEG decidimos poñer en marcha unha primeira fase, na que empezaremos por integrar unicamente metadatos e servizos externos. >>